IniciosociedadeA estrea dun show de doma nocturna en Galicia e o Grupo...

A estrea dun show de doma nocturna en Galicia e o Grupo Extra, reclamos das San Lucas

O espectáculo desenvolverase na Praza da Catedral e haberá dous pases, os días 18 e 19 de outubro, e o concerto do grupo de bachatas será o día 20

Publicada o

- Advertisement -

As San Lucas incorporará este ano un espectáculo de doma nocturna que poderá verse por primeira vez en Galicia, segundo adiantou a asociación organizadora dos festexos. As feiras do outono mindoniense son as máis antigas da comunidade, con 862 anos de historia.

O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, destaca que a gran novidade desta edición “é un espectáculo único” que impulsa o domador Javier Simón. A actuación contará con leds, equifire e alta escola de fantasía -reverencias, sentada, deitado-, e participarán oito cabalos. Ademais, haberá exhibición de doma en liberdade de Paco Martos. A danza e a coreografía correrán a cargo de Marta Larriba Adell e os malabares e o fire effect virán da man de Jaime de Morla.

Souto engade que o espectáculo desenvolverase ademais “no marco incomparable da Praza da Catedral, en fronte do monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco”. A actuación será no día grande das feiras, o 18 de outubro ás 20.30 horas. Tamén se poderá ver un segundo pase o día 19, desta volta ás 21.00 horas.

SOARÁN ‘ME EMBORRACHARÉ’ OU ‘ES AMOR’

No eido musical, As San Lucas incluirán un concerto do Grupo Extra, que no marco da súa xira Euro Tour interpretará en Mondoñedo éxitos de bachata como ‘Es Amor’ ou ‘Me Emborracharé’. O recital será na Praza da Catedral o día 20, a partir das 23.00 horas.

Ademais, haberá verbenas os días 17 (coa actuación da Panorama), 18 (Orquestra Compostela e Os Satélites), 19 (París de Noia e Principal), 20 (La Favorita e Israel) e 21 (Palladium).

A ORGANIZACIÓN PRESENTARÁ O EVENTO NAS SETE CAPITAIS DO ANTIGO REINO DE GALICIA

PRESENTACIÓNS

Souto e a alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, presentaron este avance do programa, que será presentado nas setes cidades que foron capitais de provincia do Antigo Reino de Galicia xunto con Mondoñedo: Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Ourense e Tui.

CARTEL DE XOSÉ VIZOSO

O deseñador e cartelista mindoniense Xosé Vizoso deseñou un ano máis o cartel da edición 2018 das San Lucas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...