Novo paso adiante para reformar a parza da Catedral de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo vén anunciar que o pasado 14 de abril enviou ao Goberno central o seu proxecto de reforma do emblemático espazo, envío que se produciu unha vez chegado a un consenso “cos distintos actores sociais” implicados na mellora do céntrico punto.
O documento final, apuntan dende o Concello, recolle a proposta de execución daquelas actuacións que espertan unha aceptación “unánime”; mentres que aquelas que non a teñen foron adaptadas ou rexeitadas. O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que tiña confirmada unha aportación de 194.054 euros a cargo do 1% cultural; e aos cales se sumarán os 64.684 euros do Concello.
Dende o consistorio subliñan que estes traballos que serán levados a cabo “nun momento sensible derivado da crise sanitaria e tamén económica” e que, en consecuencia, suporán “un gran impacto económico positivo” na vila. Engaden, á parte, que implicará “unha considerable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo”.