InicioCentralMondoñedoOutra vez a néboa obriga a circular a 60km/h no alto do...

Outra vez a néboa obriga a circular a 60km/h no alto do Fiouco

Aos condutores que transitan por ese tramo avísaselles da limitación mediante os correspondentes paneis luminosos.

Publicada o

- Advertisement -

A velocidade máxima de circulación pola Autovía do Cantábrico (A-8) quedou limitada a 60 quilómetros por hora entre os municipios de Mondoñedo e Abadín, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios.

O nivel de servizo vermello quedou establecido no Alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552, ás 05:21 horas deste venres -día 28 de maio-, como consecuencia da “visibilidade reducida” nese tramo de autovía. Aos condutores que transitan por ese tramo avísaselles da limitación mediante os correspondentes paneis luminosos.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...