InicioCentralMondoñedoA néboa obriga a cortar a circulación na A-8 ao seu paso...

A néboa obriga a cortar a circulación na A-8 ao seu paso por Mondoñedo tras catro días de néboas

A escasa visibilidade condiciona a seguridade dos usuarios, polo que o tráfico foi desviado pola N-634

Publicada o

- Advertisement -

Tras tres días consecutivos con limitacións de velocidade como consecuencia da néboa, na que os vehículos tiñan que circular a menos de 60 quilómetros por hora, as malas condicións de visibilidade que condicionan a seguridade dos propios usuarios obrigaron a cortar a circulación na autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso por Mondoñedo.

Segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía quedou cortada o mércores pola noite -ás 21:50 horas- en ambos os sentidos da circulación, concretamente no tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552, o que coincide co Alto do Fiouco.

Como é habitual, os condutores que circulan pola autovía son avisados mediante a correspondente sinalización e os paneis luminosos desa circunstancia. A circulación foi desviada pola estrada Nacional 634, cuxo arranxo volvía reclamar esta semana o municipio de Mondoñedo, a causa do mal estado no que se atopa o firme e a deficiente sinalización.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...