Semana 2 e continúan os cortes e os devíos pola néboa no Alto do Fiouco

A circulación quedou interrumpida a noite deste luns por un neboeiro intenso.

Alto do Fiouco. YOUTUBE

Día si e día tamén, semana si e semana tamén. Os problemas da néboa no Alto do Fiouco comezan a ser endémicos. Dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos propios usuarios e obrigaron a cortar a circulación na Autovía do Cantábrico (A8) outra vez este luns á noite ao seu paso por Mondoñedo.

Segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía quedou cortada de novo este luns -ás 21:14 horas- en ambos os sentidos da circulación, concretamente no tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552, o que coincide co Alto do Fiouco.

A semana pasada a autovía permaneceu pechada ao tráfico durante dous días consecutivos e outro tres con limitacións de velocidade como consecuencia da néboa -os vehículos tiñan que circular a menos de 60 quilómetros por hora-. Como é habitual, os condutores que circulan pola autovía son avisados mediante a correspondente sinalización e os paneis luminosos desa circunstancia.

Os desvíos pola Nacional 634

A circulación foi desviada pola estrada Nacional 634, cuxo arranxo volvía reclamar estes días o municipio de Mondoñedo, a causa do mal estado no que se atopa o firme e a deficiente sinalización.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes e, de feito, está en marcha un proxecto de Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a instalación de prototipos sobre o terreo que permitan avanzar en solucións alternativas para superar esta situación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here