Música para Cunqueiro na Praza da Catedral de Mondoñedo

O cantautor César Morán Fraga e a violinista Rebeca Maseda ofrecerán un concerto de balde.


A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro e o Concello de Mondoñedo promoven o concerto de EnClave Poético, que traerá a mondoñedo o dúo musical formado polo cantautor César Morán Fraga e a violinisa Rebeca Maseda. O concerto será este venres 25 de xuño ás 23:00h na Praza da Catedral. 

O evento enmárcase dentro da programación das actividades do I Encontro Álvaro Cunqueiro. O camiño de quita e pon (1981-2021)

O dúa interpretará no concerto temas do disco Haberá primavera, que musica poemas de Cunquiero e outros temas baseados en textos de escritores mindonienses. O concerto, que se realizará ao aire libre, seguirá as recomendacións anticovid para que sexa un evento seguro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here