InicioCentralMondoñedoA diócese de Mondoñedo-Ferrol ten novo bispo, un burgalés de familia obreira

A diócese de Mondoñedo-Ferrol ten novo bispo, un burgalés de familia obreira

O sacerdote Fernando García Cadiñanos será o novo bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Publicada o

- Advertisement -

diócese de Mondoñedo-Ferrol vén de anunciar o que será o novo bispo, o sacerdote Fernando García Cadiñanos, orixinario de Burgos.

O sacerdote, o menor dunha numerosa familia obreira, exercerá en Mondoñedo tras unha traxectoria que comezou na parroquia de Santa Catalina de Aranda del Duero. Exerceu en diferentes parroquias e dende o 2016 tamén é vicario xeral da diócese de Burgos e moderador de Curia. Agora comeza unha nova etapa na que, na súa primeira mensaxe, espera que “poida ser un instrumento bo nas mans de Deus”.

Estudou teoloxía na Facultade do Norte de España e licenciouse en Ciencias Sociais e en Doutrina Social da Igrexa en roma. Ten unha dilatada experiencia como cura rural, unha tarefa que entraña dificultades nunha provincia con temperaturas xélidas no inverno.

Nañgunhas das súas intervencións, mostrábase favorable a que se impulsase desde as administracións públicas unha lei que garanta o acceso á vivenda, onde se inclúan todas as situacións de exclusión de residencia e sinhogarismo. Así mesmo, era partidario de promocionar vivendas en aluguer social.

Consciente dos efectos devastadores que está a deixar a pandemia a nivel sanitario, económico e social, o aínda vicario xeneral da Arquidiocese de Burgos manifestaba a comezos deste ano que o gran reto de 2021 é evitar que en España impere unha sociedade dual, “na que uns estean integrados e outros queden á marxe”. “Se non xestionamos adecuadamente as consecuencias da pandemia ímonos a atopar, como xa nos estamos atopando, con xente que non vai poder chegar a fin de mes, alimentarse debidamente e vivir cos dereitos cumpridos”, subliñaba.

A nova foi anunciada esta mañá nunha roda de prensa no Seminario de Santa Catalina en Mondoñedo, na que interviu o adminitrador diocesano D. Antonio Valín. Dende a archidiócese de Burgos tamén transmitiron a noticia a través da súa canle de Youtube.

Na súa primeira mensaxe, o novo bispo mostra o seu agradecemento a D. Antonio Valín e a Monseñor Luis Ángel de las Heras, o seu antecesor: “eles son os primeiros rostros próximos doutros moitos que espero coñecer e querer e que me falaron dunha comunidade que está en clave de conversión pastoral”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...