InicioCentralMondoñedoOutro xeito de ver a Leiras Pulpeiro en Mondoñedo: desde a literatura...

Outro xeito de ver a Leiras Pulpeiro en Mondoñedo: desde a literatura ata o Instagram

O Grupo Leiras, varios investigadores, xunto á colaboración económica da Xunta de Galicia e do Concello, musealizaron a obra do escritor.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo musealiza a obra e vida de Leiras Pulpeiro. Desde este sábado, o auditorio acolle unha exposición sobre esta figura literaria, composta dun espazo inicial instagrameable que recorda a un rincón dun salón burgués do cambio do século. Ao acto de inauguración asistiron distintos membros da familia do autor, ademais da súa neta e bisneta.

Tamén se pode ver ao poeta nas súas diferentes facetas, como doutor e home próximo ao seu tempo, achegándonos na primeira vitrina aos cambios que no momento da súa vida estaban a suceder no mundo como a electricidade e o teléfono. Outra opción que ofrece a exposición é observalo na súa condición de escritor tanto coa súa produción en vida, como en todo o efecto que causaría nos seus coetáneos logo do seu pasamento e durante as seguintes décadas ata a actualidade.

POÑER EN VALOR A HISTORIA DE MONDOÑEDO

Este proxecto, que hoxe vei a luz, foi posible grazas á implicación do Grupo Leiras e varios investigadores. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende por en valor a historia de Mondoñedo e dinamizar a cidade ao redor do gran patrimonio cultura que ten, neste caso inmaterial.

A través dun comunicado, o concello explica que isto foi posible “grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través de Política Lingüística, ao grupo Leiras, a dous historiadores”. Neste senso, dende a entidade local tamén queren agradecer o apoio da asociación Abrindo Camiño, “que sempre crea produto cultural, integrando o valor patrimonial”.

A casa de Leiras Pulpeiro foi adquirida recentemente e está sendo rehabilitada e os propietarios manifestaron a vontade de chegar a acordos co Concello para que esta exposición poida ser ubicada nalgúns espazos do inmoble.Tamén este sábado arrincou o Espazo Leiras, cuxo obxectivo é afondar na investigación sobre o poeta a través da tecnoloxía 8D.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...