InicioCentralMondoñedoA rehabilitación do casco vello de Mondoñedo segue avanzando con outros trece...

A rehabilitación do casco vello de Mondoñedo segue avanzando con outros trece inmobles

A Xunta vén de anunciar a licitación para redactar os proxectos.

Publicada o

- Advertisement -

A rehabilitación dun dos cascos vellos máis impactantes da Mariña lucense e de Galicia, o de Mondoñedo, segue avanzando. A Xunta de Galicia vén de anunciar a licitación da redacción dos proxectos para a restauración de 13 inmobles da zona antiga da vella cidade relixiosa, proceso que se desenvolverá no marco do programa Rexurbe.

As obras están dotadas cun investimento autonómico de 437.000€ só na redacción do proxecto, se ben o contrato incluirá tamén a dirección das obras, segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. A esta contía débense sumar os máis de 600.000€ que a administración autonómica utilizou para facerse cos trece inmobles que agora procederán a ser restaurados.

O proceso de rehabilitación divídese en lotes. Un primeiro comprenderá os inmobles emprazados na rúa Guevara 7 e 9, Leiras Pulpeiro 11 e Progreso 10, licitado por un importe de  124.230,18 euros. Outro lote está formado polos inmobles da rúa Progreso 20 e Peña de Francia 4, cun importe de licitación de 104.274,33 euros.

Os inmobles situados na rúa Imprenta 2, Febrero 30 e Álvaro Cunqueiro 12 forman outro dos lotes cuxa redacción de proxecto e dirección de obra se licita hoxe, por importe de 104.706,84 euros. Finalmente, forman parte do mesmo lote os inmobles emprazados na rúa Álvaro Cunqueiro 34, 41, 53 e 57, cun prezo de licitación de 103.866 euros.

Os trece inmobles cuxa redacción de proxecto se licita hoxe foron adquiridos polo IGVS no marco do programa Rexurbe, polo que a Xunta adquire inmobles en conxuntos históricos para a súa posterior rehabilitación como vivendas en réxime de alugueiro social. O IGVS investiu máis de 621.000 euros na súa adquisición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...