InicioCentralMondoñedoTouriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola encherán de humor a Alameda de...

Touriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola encherán de humor a Alameda de Mondoñedo

Será dentro do ciclo ‘Comicamente‘’.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou este venres o novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da Comunidade desde finais de xullo a comezos de setembro, entre eles, a Mondoñedo.

Así o vindeiro 20 de agosto, a Alameda dos Remedios de Mondoñedo será o escenario para o humor de Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán.

O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

As entradas para asistir aos espectáculos póñense á venda este venres mesmo en ataquilla.com. O Carballiño, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Lalín son os outros concellos confirmados que van acoller, do 31 de xullo ao 4 de setembro, as actuacións previstas. A eles sumarase unha localidade máis, aínda por determinar. Todos os espectáculos serán en emprazamentos ao aire libre e cunhas moi coidadas postas en escena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...