InicioCentralMondoñedoMondoñedo nomeará filla adoptiva á atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio

Mondoñedo nomeará filla adoptiva á atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio

Susana Rodríguez Gacio gañou a medalla de ouro en tríatlon na clase PTVI e a quinta praza da proba de 1.500 metros da clase T11 nos Xogos Paralímpicos de Tokio

Publicada o

- Advertisement -

A corporación municipal do Concello de Mondoñedo aprobou na súa sesión plenaria, por unanimidade de todas as forzas políticas, iniciar o expediente para concederlle á atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio a distinción de filla adoptiva predilecta.

Segundo informou o Goberno local, o rexedor municipal, Manolo Otero, comunicoulle directamente á médico e deportista de raíces mindonienses o acordo do pleno, ante o que se mostrou “moi contenta e ilusionada”.

Ademais, o alcalde tamén mostrou o desexo do concello de organizar un acto “coincidindo cunha data que se adapte ao seu calendario de compromisos e ocupacións”.

Susana Rodríguez Gacio gañou a medalla de ouro en tríatlon na clase PTVI e a quinta praza da proba de 1.500 metros da clase T11 nos Xogos Paralímpicos de Tokio, co que se converteu ademais na primeira española en competir en dous deportes distintos.

Tres veces campioa mundial de tríatlon, terminou en setembro do 2020 a especialidade de Medicina Física e Rehabilitación no Centro Hospitalario de Santiago.

“O Concello quere recoñecer, por tanto, a Susana Rodríguez polos seus éxitos deportivos; pero, especialmente, polos valores que representa: enerxía, esforzo, competencia e superación”, destaca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...