InicioM.ambiente e PatrimonioVeciños e veciñas de Mondoñedo entregan alegacións contra unha nova liña de...

Veciños e veciñas de Mondoñedo entregan alegacións contra unha nova liña de alta tensión

Un grupo de veciños promoverá a creación dunha asociación de afectados pola creación desta liña.

Publicada o

- Advertisement -

Unha vintena de veciños e veciñas acudiron esta mañá á Casa do Concello de Mondoñedo a presentar alegacións en contra dos parques eólicos Ventisca, Boura e Monzón, proxectados por Greenalia. Estes parques de eólicos terán unha liña de evacuación que atravesaría todo o concello desde Argomoso a Oirán con torres de máis de 40 metros de altura.

Denuncian a inacción e silencio cómplice do Concello, “que non fixo a debida difusión da mesma -mesmo fai semanas trasmitía erróneamente á veciñanza que o prazo para alegar estaba cumprido- a pesar de contar cun PXOM” de recente aprobación. Lembran que o PXOM fala da saturación eólica e mesmo se prevé que calquera nova liña eléctrica debe ser soterrada.

Nas alegacións presentadas indícase que estes proxectos “son innecesarios por ser Galicia excedentaria xa en electricidade, e que deben en todo caso desenvolverse outros preto de zonas deficitarias, evitando os impactos acumulativos e as perdas no trasporte”. A maiores, consideran que estes proxectos xunto co do parque Borrasca -en Foz, Mondoñedo e Lourenzá- son en realidade un só, fraccionado ilegalmente para facer máis doada a súa aprobación.

Durante a concentración as presentes tomaron nota de teléfonos e correos electrónicos para promover unha asociación de afectadas, e poñerse en contacto coas que están agromar na comarca e fóra dela co obxecto de coordinar esforzos contra estas iniciativas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...