InicioCentralMondoñedoMondoñedo anuncia a finalización do saneamento nas Sasdónigas nos vindeiros días

Mondoñedo anuncia a finalización do saneamento nas Sasdónigas nos vindeiros días

Deste xeito, o Concello culmina un proxecto “que non estivo exento de complicacións” e que se levou a cabo co financiamento do Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e a entidade local.

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Mondoñedo informa que nos vindeiros días a empresa Aqualia rematará o saneamento da parroquia de Sasdónigas. Deste xeito, o Concello culmina un proxecto que non estivo exento de complicacións e que se levou a cabo co financiamento do Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e a propia entidade local. O investimento total superou os 400.000 euros, no que colaboraron o Executivo estatal co Plan E; o organismo provincial; Augas de Galicia e o Concello.

Conclúe así “un proxecto complexo”, segundo avanzan dende o goberno local, e que acadou o último impulso nestes últimos meses, logo de que o alcalde e a tenente de alcalde, Manuel Otero e Elena Candia, respectivamente, mantivesen unha reunión de traballo en xullo con representantes de Aqualia para avanzar nesta última fase. Concretamente, as últimas iniciativas proxectadas incluíron a conexión e o saneamento na última fase en Sasdónigas, estando en funcionamento Lousada xa dende o ano pasado.

“Pouco a pouco, e despois de moitas dificultades e con varias xuntanzas, imos concluíndo esta actuación e, sobre todo, que é o que máis nos importa, solucionando os problemas e dando solucións”.

O goberno local destaca a colaboración entre administracións e a dispoñibilidade dos veciños en construír servizos e mellorar o rural. De feito, varios barrios de Sasdónigas tiveron reposición de firmes con aglomerados e, concretamente en Lousada, a reposición de formigón que mellorou substancialmente os contornos da parroquia.

Con Elena Candia como alcaldesa e, agora con Otero como rexedor, o esforzo realizado neste senso continúa. Así, as actuacións que están a piques de rematar permiten concluír a segunda fase do proxecto de saneamento da parroquia citada. Pendentes de reparar firmes despois das últimas conexións. Está previsto o seu remate definitivo nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...