InicioCentralMondoñedoMondoñedo remata a primeira diagnose do casco histórico para continuar cos trámites...

Mondoñedo remata a primeira diagnose do casco histórico para continuar cos trámites ambientais

A entidade local ten previsto someter o documento a debate en sesión plenaria e tamén a exposición pública. O Concello avanza na actualización do Peprich para impulsar o casco histórico da cidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo avanza na actualización do do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico de Mondoñedo (PEPRICH), que data do ano 1994, para adaptalo á lei 5/2016 de 4  de maio de Patrimonio Cultural de Galicia.

Licitado o contrato e, posteriormente, asinado o 25 de febreiro de 2021, esta actuación adxudicouse a Oficina de Planeamento por importe de 198.000 euros e un prazo de execución de catro anos. “Agora, indican dende o goberno local, damos un paso máis neste proceso” para o que, explican, “contamos co apoio do Goberno galego, que o financia ao 100%”.

Nestes momentos, xa está rematado o primeiro estudo de diagnose do casco para continuar co trámite ambiental, e a entidade local, “en aras de garantir unha maior transparencia”, aínda que non é procedimentalmente preciso, ten previsto someter este documento a debate en sesión plenaria e tamén a exposición pública.

O obxectivo deste documento é facilitar a mellora e a rehabilitación dos edificios e das vivendas do conxunto, que representa a identidade de Mondoñedo, “coa finalidade de acadar a recuperación do noso patrimonio, mellorando as condicións de vida e posicionando este marabilloso casco histórico como un lugar idóneo para investir e para vivir”, afirman dende o goberno local.

Neste senso, para realizar estes traballos cómpre coñecer as características, o estado e as necesidades actuais de mellora dos edificios, vivendas e locais. Por iso, persoal técnico ao servizo do Concello, debidamente acreditado e identificado, visitará nas próximas semanas todos os inmobles recadando a información precisa.

Os dirixentes da entidade local piden a colaboración cidadá, á hora de facilitar información e o o acceso aos edificios para documentar o mellor posible os traballos dado que do éxito deste trámite tamén dependerá o éxito do documento final.

Agradecen a colaboración de todos e todas con este proceso que, aseguran, “marcará a diferencia dun casto histórico, respetuoso co patrimonio pero funcional, operativo e atractivo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...