InicioCentralMondoñedoMondoñedo di non á violencia machista con diversas actividades para concienciar sobre...

Mondoñedo di non á violencia machista con diversas actividades para concienciar sobre este problema

Como é costume no Concello de Mondoñedo, as actividades contra a violencia de xénero non se centran nun único día, se non que se estenden ao longo do mes de novembro. Así, estanse a realizar diferentes actividades.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello, por medio do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con diversas actividades e actos institucionais Os actos centrais terán lugar o xoves 25 de novembro, de 11.00 a 12.30 horas, tempo no que haberá un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática e se imporá o lazo morado

O próximo día 25, ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero; a Fonte Vella e a Casa do Concello terán iluminación morada. Na Casa Consistorial e nos centros educativos instaláronse Vinilos pola Igualdade, con frases alusivas á igualdade e contra a violencia de xénero.

Como é costume no Concello de Mondoñedo, as actividades contra a violencia de xénero non se centran nun único día, se non que se estenden ao longo do mes de novembro. Así, estanse a realizar diferentes actividades. Por un lado, instaláronse Vinilos pola Igualdade na Casa do Concello así como nos centros educativos de Mondoñedo; son vinilos con frases alusivas en pro da igualdade e contra a violencia de xénero. Outra iniciativa son os obradoiros, no IES San Rosendo, sobre Violencia de xénero nos contextos dixitais.

No mes en curso, o pasado día 3, houbo contacontos sobre igualdade de Vero Rilo na Escola Infantil. O 13 de novembro o Concello colaborou co GDR Terras de Miranda e AGADER na andaina O rural contra a violencia de xénero. Igualmente colabórase coa asociación “Mulleres en Igualdade” (BUMEI) na gravación dun anuncio televisivo contra a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...