O Concello de Mondoñedo recibiu este pasado xoves 25 de novembro un novo vehículo para o parque móbil da Policía Local. O do concesionario oficial para a provincia de Lugo da marca Hyundai, Rubén Gil, fixo entrega ao alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide, e á súa Policía Local, representada por Manuel Barro Díaz, dun vehículo Hyundai Tucson 1.6 CRDI 136 CV, híbrido, con etiqueta ECO.
A nova incorporación ao parque móbil municipal de Mondoñedo é un vehículo subministrado ao Concello na modalidade de renting, por un período de 48 meses.
Esta adquisición está subvencionada, nun 74%, pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, ao abeiro da Orde do 20 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental.