InicioCentralMondoñedoMondoñedo estrea novo vehículo híbrido para a Policía Local

Mondoñedo estrea novo vehículo híbrido para a Policía Local

A nova incorporación ao parque móbil municipal foi adquirida polo sistema de renting, mediante unha subvención do 74% da Consellería de Presidencia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo recibiu este pasado xoves 25 de novembro un novo vehículo para o parque móbil da Policía Local. O do concesionario oficial para a provincia de Lugo da marca Hyundai, Rubén Gil, fixo entrega ao alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide, e á súa Policía Local, representada por Manuel Barro Díaz, dun vehículo Hyundai Tucson 1.6 CRDI 136 CV, híbrido, con etiqueta ECO.

A nova incorporación ao parque móbil municipal de Mondoñedo é un vehículo subministrado ao Concello na modalidade de renting, por un período de 48 meses.

Esta adquisición está subvencionada, nun 74%, pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, ao abeiro da Orde do 20 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...