O Concello de Mondoñedo e a empresa xestora do servizo de augas municipal, Aqualia, tiveron unha reunión de coordinación durante esta semana. Entre os asuntos abordados, estivo o mantemento da rede de saneamento. Neste sentido, destacouse a importancia de manter en bo estado de limpeza esta rede para evitar inundacións. Ata agora faise a limpeza un par de veces ao ano e no futuro intensificaranse estas tarefas, para facelas tres ou catro veces.
Por outra parte, na reunión púxose de manifesto que se encargan os proxectos de saneamento para Valiño, petición solicitada polos propios veciños do barrio nunha reunión celebrada no pasado mes de agosto.
No mesmo encontro, planificouse a revisión de instalacións de abastecemento e saneamento nas rúas nas que hai obras en execución, como é o caso do acceso a Curuxeiras e a praza de Catedral. O goberno sempre destacou a importancia de renovar o que “non se ve” cada vez que se fan obras de mellora de rúas ou de firme. Por outra parte, unha vez rematado a conexión do saneamento de Sasdónigas comprobouse o seu correcto funcionamento