InicioCentralMondoñedoO proxecto de saneamento de Valiño en Mondoñedo, avanza logo da reunión...

O proxecto de saneamento de Valiño en Mondoñedo, avanza logo da reunión entre Concello e Aqualia

O goberno local sempre destacou a importancia de renovar o que “non se ve” cada vez que se fan obras de mellora de rúas ou de firme.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo e a empresa xestora do servizo de augas municipal, Aqualia, tiveron unha reunión de coordinación durante esta semana. Entre os asuntos abordados, estivo o mantemento da rede de saneamento. Neste sentido, destacouse a importancia de manter en bo estado de limpeza esta rede para evitar inundacións. Ata agora faise a limpeza un par de veces ao ano e no futuro intensificaranse estas tarefas, para facelas tres ou catro veces.

Por outra parte, na reunión púxose de manifesto que se encargan os proxectos de saneamento para Valiño, petición solicitada polos propios veciños do barrio nunha reunión celebrada no pasado mes de agosto.

No mesmo encontro, planificouse a revisión de instalacións de abastecemento e saneamento nas rúas nas que hai obras en execución, como é o caso do acceso a Curuxeiras e a praza de Catedral. O goberno sempre destacou a importancia de renovar o que “non se ve” cada vez que se fan obras de mellora de rúas ou de firme. Por outra parte, unha vez rematado a conexión do saneamento de Sasdónigas comprobouse o seu correcto funcionamento

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...