InicioCentralMondoñedoMáis de seis millóns de euros para restaurar a catedral de Mondoñedo

Máis de seis millóns de euros para restaurar a catedral de Mondoñedo

Nestes momentos, os técnicos actúan sobre o mural do presbiterio e nas pinturas murais da basílica, traballos que estea previsto que se terminen o próximo verán.

Publicada o

- Advertisement -

A catedral de Mondoñedo está a ser rehabilitada ao amparo do Plan Catedrais da Xunta, que inviste nas obras de recuperación do templo mindoniense un total de 6,5 millóns de euros.

Nestes momentos, os técnicos actúan sobre o mural do presbiterio e nas pinturas murais da basílica, traballos que estea previsto que se terminen o próximo verán. Este luns, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou a catedral para coñecer os avances nas tarefas de rehabilitación.

Trátase, segundo explica a Xunta, das primeiras actuacións do Plan Catedrais 21-27 co que a Administración autonómica e da Central que pretende restaurar os grandes templos catedralicios da comunidade ante a dobre cita xacobea que se celebra esta década.

Tras a recuperación dos murais, o proxecto de recuperación contempla a limpeza e consolidación das torres ou a rehabilitación integral da parte sen uso do palacio episcopal, que servirá para ampliar o museo.

Ademais, actuarase sobre as humidades do templo, recuperaranse os órganos e dotarase ao conxunto dun proxecto museográfico, segundo explica a Administración autonómica nun comunicado.

Rodríguez referiuse a a catedral de Mondoñedo como “unha das xoias do Camiño do Norte” que, a través desta actuación, preténdese “reforzar e revalorizar”.

O conselleiro sinalou que a restauración da Catedral de Santiago serve como punto de partida para o proceso de recuperación do resto de basílicas da comunidade.

“Foi un éxito colectivo ao que damos continuidade en toda Galicia con traballos que requiren que todas as administracións implicadas traballemos sumando vontades e esforzos“, afirmou.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...