InicioCentralMondoñedoO Programa Integrado de Emprego de Mondoñedo prolongarase ao mes de novembro

O Programa Integrado de Emprego de Mondoñedo prolongarase ao mes de novembro

O programa ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 participantes dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo xunto cos de Outeiro de Rei, Friol, Rábade, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e Abadín arranca o Programa Integrado de Emprego 2021/2022, que durará ata o 21 de novembro de 2022. 

Este programa é subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 participantes en situación de desemprego dentro dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos. A consecución do obxectivo lograrase mediante a posta en marcha de accións de información, orientación, asesoramento, formación, prospección de empresas e intermediación laboral.

Este programa, promovido polo Concello de Mondoñedo, conta cun financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade de 250.000 euros e cun cofinanciamento de 32.198,89 euros dos propios concellos.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...