InicioCentralMondoñedoPublicadas as bases para o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome convocado...

Publicadas as bases para o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome convocado polo Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo

O Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos e mozas, convoca o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. É por iso que se publican as bases que rexerán para esta XXIII convocatoria para quen desexe participar.

PRIMEIRA

Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.

SEGUNDA

Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ao fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou a declarar deserto o premio.

TERCEIRA

As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor.

CUARTA

Deberán presentarse catro orixinais en tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.

QUINTA

Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título.

En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.

O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.

SEXTA

O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de 2022, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

Concello de Mondoñedo. Praza do Concello, 1, 27740 Mondoñedo (Lugo). Coa indicación: XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

SÉTIMA

O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, fará pública a súa deliberación no mes de novembro de 2022.

A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado.

A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo o 17 de decembro de 2022.

No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA

Este concurso consta de tres premios:

Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.

Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.

Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.

NOVENA

Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.

De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores.

DÉCIMA

O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

UNDÉCIMA

Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

DUODÉCIMA

As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.

DÉCIMO TERCEIRA

A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...