InicioCulturaConcello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro rememoran a figura...

Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro rememoran a figura do autor no aniversario do seu pasamento

No Auditorio Pascual Veiga proxectarase por primeira vez de maneira pública o documental "Cunqueiro. A grande ilusión", dirixido por Roberto Conde e producido por Ouvirmos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro conmemoran este luns 28 de febreiro o aniversario do pasamento do escritor. Fano cun programa de actos que inclúe unha ofrenda floral, a première dun documental sobre o autor, un maratón de lectura dos seus libros e a presentación dun premio que leva o seu nome.

Ás 11:30h está prevista unha ofrenda floral a Cunqueiro diante da súa tumba no Cemiterio Vello de Mondoñedo. Participarán na mesma o alcalde Manuel Otero e outras autoridades locais, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez, así como responsables de asociacións e entidades mindonienses e tamén da CMAC.

Ás 12:00h terá lugar no Auditorio Pascual Veiga a primeira proxección pública do documental Cunqueiro. A grande ilusión, dirixido por Roberto Conde e producido por Ouvirmos. Arrouparán o acto o alcalde, o secretario xeral da SXPL, o director do documental e o director de Ouvirmos, Xosé Aldea, ademais do responsable da CMAC Armando Requeixo.

Ao remate da proxección levarase a cabo, tamén no Auditorio Pascual Veiga, o maratón de lectura de obras de Cunqueiro, no que participarán os escolares do municipio e o público asistente.

Finalmente, ás 13:30h, e novamente no Auditorio Pascual Veiga, presentarase aos medios e ao público da sala a convocatoria do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, promovido polo Concello de Mondoñedo e a CMAC co patrocinio da SXPL. Participarán desta presentación o alcalde da cidade, o secretario xeral de Política Lingüística, o director da Editorial Galaxia, selo que publicará as obras gañadoras do certame, e mais o coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...