InicioCentralMondoñedoO Concello de Mondoñedo proxectará o documental 'Hijas de Galicia. Macorina' para...

O Concello de Mondoñedo proxectará o documental ‘Hijas de Galicia. Macorina’ para celebrar o 8M

Un dos actos será a presentación do novo panel da exposición 'A Historia de Mondoñedo leva nome de muller'. Nesta exposición, inaugurada no ano 2017, faise mención ás representantes do pasado, presente e futuro de Mondoñedo que dunha forma ou outra resultaron ser pioneiras na historia local.

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza unha serie de actividades conmemorativas.

Por unha parte, está en marcha unha nova edición do concurso Debuxando en Igualdade, no que se invita ao alumnado dos centros de Primaria e Secundaria dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto a participar cunha obra orixinal, na que a temática sexa a igualdade entre mulleres e homes. O prazo de presentación de traballos rematará o 25 de marzo de 2022 e haberá agasallos para as mellores obras, consistentes en libros de lectura e material escolar. As bases de participación foron remitidas aos centros educativos e aos departamentos de Servizos Sociais dos concellos citados, podendo consultarse tamén no CIM e nas súas redes sociais.

Os actos institucionais e centrais serán o martes 8 de marzo e terán lugar no Auditorio Municipal, a partir das 11.15 horas. En primeiro lugar, darase lectura á Declaración Institucional en prol da igualdade que cada ano realiza o Concello para, a continuación, efectuar a presentación do novo panel da exposición A Historia de Mondoñedo leva nome de muller. Nesta exposición, inaugurada no ano 2017, faise mención ás representantes do pasado, presente e futuro de Mondoñedo que dunha forma ou outra resultaron ser pioneiras na historia local. En este 2022 o panel estará dedicado a Magdalena de Luaces Estoa y Miranda (introdutora do cultivo do millo en Mondoñedo), Isabel Morán Cabanas (filóloga e investigadora), Susana Rodríguez Gacio (deportista de elite) e as leiteiras de Mondoñedo (oficio tradicional de mulleres). O panel de 2022 estará exposto durante todo o ano na entrada da Casa do Concello e os anteriores poden visitarse na sala de reunións de Servicios Sociais – CIM, situada no baixo da Casa do Concello.

Tras a presentación do panel, proxectarase o documental Hijas de Galicia. Macorinas, unha obra dirixida por Xosé Lois Santiago e Francisco Manuel Naveira sobre a emigración das mulleres a Cuba no século XIX e principios do século XX e como foron explotadas, así como da importancia que para elas tivo a sociedade “Hijas de Galicia”, impulsada pola mindoniense Andrea López Chao. Despois da proxección, haberá unha mesa redonda coa participación dos directores, da xornalista e escritora María Xosé Porteiro García e das concelleiras de Benestar e de Igualdade, Ángeles Rodríguez Rico e Beatriz Meilán Rego. Pecharase a xornada coa interpretación dunha peza musical.

Estas actividades están financiadas cos fondos recibidos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través do Ministerio de Igualdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...