InicioCentralMondoñedoConvocado polo Concello de Mondoñedo o XI Premio de Poesía Manuel Leiras...

Convocado polo Concello de Mondoñedo o XI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

A finalidade deste premio de honrar a memoria do escritor mindoniense e colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo vén de convocar a XI edición do Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. A finalidade deste  premio de honrar a memoria do escritor mindoniense e colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores.

As bases para concursar son as seguintes:

PRIMEIRA.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.

SEGUNDA.

Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio.

TERCEIRA.

As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.

CUARTA.

Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.

QUINTA.

Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e título.

En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso.

O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.

SEXTA.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de 2022, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

Concello de Mondoñedo

Praza do Concello, 1

27740 Mondoñedo (Lugo)

Coa indicación:

XI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

SÉTIMA.

O Xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario, fará pública a súa deliberación a comezos de outubro de 2022.

A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado.

A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo o 26 de novembro de 2022.

No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA.

Este concurso consta de tres premios:

Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.

Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.

Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.

NOVENA.

Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeira edición da obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.

De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

DÉCIMA.

O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

UNDÉCIMA.

Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

DUODÉCIMA

As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.

DÉCIMO TERCEIRA.

A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...