InicioCentralMondoñedoMondoñedo restablece a seguridade viaria no Camiño Norte por San Paio coa...

Mondoñedo restablece a seguridade viaria no Camiño Norte por San Paio coa axuda da Xunta

Esta mellora da seguridade viaria xeral na antiga N-634 favorecerá o tránsito peonil dos veciños da zona e dos usuarios do Camiño Norte, convertendo a antiga estrada destinada a vehículos nun acceso a Mondoñedo polivalente que conecte ás persoas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo agradeceU o apoio económico da Xunta de Galicia que permitirá unha “importante actuación: restablecer a seguridade para viandantes e veciños” no tramo da antiga N-634 que coincide co trazado do Camiño Norte de Santiago e “adecentar unha das entradas á cidade”, dende Lourenzá e o parque industrial, nos lugares de Xirós e San Paio.

Co proxecto recollido no convenio asinado hoxe polo alcalde, Manuel Otero, e o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; “completarase a eliminación dun punto de inseguridade existente dende hai moitos anos” a través da construción dunha beirarrúa de 2 metros de anchura convenientemente iluminada. “Xa no ano 2015, ao chegar ao goberno, aproveitamos a posta en marcha do Camiño de San Rosendo para mellorar a marxe dereita”, indican dende o goberno local.

“Son moitos os peóns que circulan pola marxe desta vía compartindo espazo co tráfico rodado; xa que, ademais dos propios veciños da zona, a popularidade do Camiño de Santiago fai que sexan moitos os peregrinos que camiñan por esta zona”, explican.

Esta mellora da seguridade viaria xeral do tramo favorecerá o tránsito peonil dos veciños da zona e dos usuarios do Camiño Norte convertendo a antiga estrada destinada a vehículos nun acceso a Mondoñedo polivalente que conecte ás persoas.

A Xunta destina máis de 260.000 euros a este proxecto que inclúe a construción dunha rede de recollida de pluviais e a dotación de alumeado público. O Concello de Mondoñedo agradece a colaboración das consellerías de Presidencia, Xustiza e Turismo e de Infraestruturas e Mobilidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...