InicioCentralMondoñedoCésar Antonio Molina será nomeado Cunqueiriano de Honra 2022 este sábado na...

César Antonio Molina será nomeado Cunqueiriano de Honra 2022 este sábado na Casa do Concello en Mondoñedo

Neste 2022 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar a longa e vizosa traxectoria como cunqueiriólogo do escritor e profesor César Antonio Molina.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo acollerá este sábado 26 de marzo ao escritor e profesor César Antonio Molina para recibir a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2022. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00h, onde estará acompañado por autoridades locais e autonómicas. Converterase, así, no sexto homenaxeado dende que se instituíu este galardón, hai agora un lustro.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro crearon en 2017 a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.

Neste 2022 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar a longa e vizosa traxectoria como cunqueiriólogo do escritor e profesor César Antonio Molina.

A comisión que o elixiu estivo formada por César Cunqueiro (fillo do escritor), Rexina Vega (Cunqueiriana de Honra do ano anterior), Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías), Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo), Abel Vigo García (Técnico de Cultura municipal), Miguel González Somovilla (xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro) e Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC). En representación desta comisión, e en nome das entidades organizadoras, será Miguel González Somovilla quen pronuncie a laudatio do homenaxeado.

O ensaísta coruñés recibe esta distinción en recoñecemento á ampla serie de antoloxías do periodismo cunqueiriano das que se responsabilizou (Tesoros y otras magias, 1984; Viajes imaginarios y reales, 1986; Los otros caminos, 1988; El pasajero en Galicia, 1989; La bella del dragón, 1991), a edición e tradución da súa poesía (Antología poética, 1983), así como a publicación de ensaios (Homenaje a Álvaro Cunqueiro, 1994), infinidade de artigos, conferencias e capítulos de libros dedicados ao mindoniense, amais de iniciativas como a magna exposición sobre Cunqueiro que organizou o Círculo de Bellas Artes de Madrid en 2003 baixo a súa dirección ou o bautizo da Biblioteca do Instituto Cervantes de Damasco co nome do escritor en 2006, sendo daquela Molina o máximo responsable deste Instituto.

César Antonio Molina, quen durante o acto pronunciará unhas palabras de agradecemento pola distinción, engade este nomeamento a unha longa nómina de prestixiosos galardóns, entre os que se contan condecoracións de diversas ordes de mérito europeas, nomeamentos honoris causa de universidades, numerosos premios de xornalismo, literarios e do ámbito das Humanidades en xeral, ademais da pertenza a academias.

Con esta designación de César Antonio Molina como Cunqueiriano de Honra (que inclúe figura conmemorativa e diploma acreditativo) o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro consolidan a traxectoria destes nomeamentos, que en anos anteriores recoñeceron o labor de persoeiros como Darío Villanueva, Víctor F. Freixanes ou Rexina Vega, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...