InicioCentralMondoñedoO Concello de Mondoñedo leva adiante o programa "Non consumas a túa...

O Concello de Mondoñedo leva adiante o programa “Non consumas a túa mente: coida a túa saúde”

Os obxectivos da iniciativa son achegar á poboación máis nova as enfermidades mentais e facelo dende unha óptica obxectiva e fundamentada, promovendo a sensibilización e eliminación dos prexuizos asociados ás mesmas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo ven de estrear un novo programa de sensibilización e prevención do consumo de drogas, da man da Asociación Saúde Mental A MARIÑA. “Queremos apostar por unha saúde integral e pola prevención do consumo de drogas entre os máis xoves”, destacan dende o goberno local.

Dita asociación, é referente na comarca por ser especialista na atención de persoas con enfermidade mental crónica. E dada a súa especialización, Sonia Nogueiras Orosa (psicóloga clínica e directora do CRPL de Burela), así como María José Novoa (directora técnica xeral/xerente da entidade, e referente galega) crearon e deseñaron este proxecto pioneiro para Mondoñedo: “Non consumas a túa mente: coida a túa saúde”.

Os obxectivos da iniciativa son por un lado, achegar á poboación máis nova as enfermidades mentais e facelo dende unha óptica obxectiva e fundamentada, promovendo a sensibilización e eliminación dos prexuizos asociados ás mesmas; e, polo outro, pretende abordar un factor de risco claro na aparición das enfermidades mentais: o consumo de tóxicos.

Así, abordaranse os efectos do alcohol, cannabis, cocaína e heroína na saúde en xeral e na saúde mental en particular, facendo especial fincapé no papel activo de cada persoa á hora de eliminar este factor de risco.

O 23 de marzo tivo lugar a primeira presentación do programa, no IES Plurilingüe San Rosendo, á que asistiu xunto con Sonia Nogueiras Orosa, a concelleira de Benestar e Facenda, Ángeles Rodríguez Rico. O programa irá dirixido a todo o alumnado de ESO do IES San Rosendo durante o mes de marzo e abril.

OUTRAS ACTIVIDADES

Outras actividades que se está a programar dende o Concello de Mondoñedo en colaboración co Instituto San Rosendo son a realización de reunións co alumnado para coñecer as súas opinións, ideas, suxestións de cara a por en marcha actividades alternativas de ocio saudable, unidas a visitas e saídas pola vila nas zonas onde se realizan botellóns e/ou outras actividades insalubres co obxectivo de sensibilizar e concienciar á xuventude na necesidade do coidado do entorno e levar unha vida con hábitos recomendables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...