InicioCentralMondoñedoMondoñedo inviste parte dos seus remanentes para aumentar o asentamento de actividade...

Mondoñedo inviste parte dos seus remanentes para aumentar o asentamento de actividade económica

“É prioritaria a captación de novas iniciativas empresariais que aproveiten os recursos propios do municipio para o seu desenvolvemento; así coma o fomento da consolidación das actividades existentes”, manifestan dende o goberno local.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo aprobou por unanimidade a incorporación de créditos extraordinarios financiados con remanentes líquidos de tesourería para habilitar unha liña de axudas para o asentamento de actividades económicas no municipio.

Trala dotación desta partida orzamentaria, o Concello publicará posteriormente as bases das axudas para a compra de solo industrial no polígono industrial de Mondoñedo, como xa puxera en marcha noutras dúas ocasións.

É prioritaria a captación de novas iniciativas empresariais que aproveiten os recursos propios do municipio para o seu desenvolvemento; así coma o fomento da consolidación das actividades existentes”, manifestan dende o goberno local.

MONDOÑEDO, UN MUNICIPIO PARA INVESTIR

Esta actuación da continuidade ás iniciativas do Concello recollidas na segunda fase do plan estratéxico ‘Mondoñedo, un municipio para investir’. Este documento recolle o compromiso do Concello para o fomento do emprendemento e a innovación co obxectivo de “atraer e fixar poboación”.

O goberno local destaca “o potencial que supoñen os recursos propios do noso municipio” que, xunto a outros factores, fan de Mondoñedo un lugar investir e fomentar a actividade empresarial: “a dispoñibilidade de recursos naturais, o sector forestal, a forte tradición cultural e turística ou o seu patrimonio histórico-artístico”. Ademais, Mondoñedo atópase nun entorno excepcional e dispón dunha boa conectividade.

De cara ao asentamento de actividade empresarial, o plan ‘Mondoñedo, un municipio para invertir. Fase II’ recolle a dispoñibilidade de solo industrial e de inmobles a prezos asequibles que o Concello recolle nun listado. Mondoñedo conta tamén cun viveiro de empresas e apunta tamén a declaración da Área Rexurbe como “unha importante oportunidade para promover investimentos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...