InicioCentralMondoñedoMaratón de Emprendemento 'Revolta Rural' en Mondoñedo organizado polos GDR

Maratón de Emprendemento ‘Revolta Rural’ en Mondoñedo organizado polos GDR

O programa desta actividade, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, céntrase en potenciar o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio.

Publicada o

- Advertisement -

A xefa territorial da Consellería do Medio Rural, Olga Iglesias, acompañado do alcalde da localidade, Manuel Otero, e do presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, Vidal Martínez, participou na inauguración do maratón de emprendemento “Revolta Rural” no Pazo de San Tomé de Mondoñedo na que participan ao longo desta fin de semana máis de cincuenta emprendedores da zona.

O programa desta actividade, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, céntrase en potenciar o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio, creando solucións innovadoras e asesorando a través de mentores co obxectivo de potenciar o emprendemento en zonas rurais, diversificando os sectores socioeconómicos do territorio.

Ao longo das dúas xornadas presentaranse varios proxectos de emprendedores dos territorios cubertos polos GDR organizadores, o GDR-1 Terras de Miranda, GDR-3 Montes e Vales Orientais e GDR-21 Seitura 22. Os 12 proxectos seleccionados terán un premio en metálico e recibirán mentorización por parte de profesionais da incubadora Rural de Caixabank durante 6 meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...