Doutra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigados na localidade de Mondoñedo a dous veciños de Foz de 66 e 37 anos de idade e a outro de Ribadeo como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas.
Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de novembro no lugar da Folgueirosa, en Mondoñedo, tras o que se iniciaron pescudas policiais que deron como resultados a investigación dos presuntos autores. As dilixencias foron remitidas á autoridade xudicial.