Accidente de circulación na A-8 con dous feridos

De inmediato, por parte do 112 pasouse aviso a profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Saída á N-634 desde a A-8 á altura de Mondoñedo. AXM

Un accidente de tráfico entre dous camións na autovía A-8, á altura do punto quilométrico 540, saldouse este luns en Mondoñedo cun dos condutores evacuado a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia do suceso preto das 9,00 horas a través da chamada de diversas testemuñas que presenciaron o accidente. Segundo a información facilitada aos xestores de emerxencias, dous vehículos de transporte de mercadoría chocaron cando circulaban polo concello de Mondoñedo, sentido Lugo.

De inmediato, por parte do 112 pasouse aviso a profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 Galicia que foi necesario cortar a circulación nun dos carrís para facilitar a retirada dos vehículos sinistrados, un camión caixa e outro de transporte de madeira.

Finalmente, un dos condutores foi trasladado en ambulancia ata o centro médico. E, co fin de prestar apoio nas tarefas de restablecemento da seguridade na vía, ata o punto tamén se desprazaron medios responsables do mantemento da estrada.

Ademais, por parte do 112 pasouse aviso a axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Mondoñedo, por se fose necesaria a súa colaboración.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here