InicioCulturaJosé Luis Ansedes: "Tomamos primeiro o nome de Leiras Pulpeiro para reivindicar...

José Luis Ansedes: “Tomamos primeiro o nome de Leiras Pulpeiro para reivindicar a súa memoria e polo postergamento que lle fixo a ditadura”

A Asociación Abrindo Camiño comezou o seu traballo en 2004, aínda que vinte anos antes xa iniciara os labores etnográficos, culturais e históricos baixo o nome de Asociación Cultural e Deportiva Leiras Pulpeiro. Querían render así homenaxe a unha figura postergada e condenada ao ostracismo durante a ditadura franquista. Actualmente, Abrindo Camiño, presidida por José Luis Ansedes, realiza traballos arredor dos Camiños do Norte en dirección Compostela, facendo labores tamén de recuperación de memoria histórica como a de Andrea López Chao, fundadora do Hospital Hijas de Galicia en La Habana hai xa un século.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son as orixes da Asociación Abrindo Camiño e os obxectivos que se marcou desde  o seu nacemento?

A Asociación Abrindo Camiño é unha refundación da Asociación Cultural e Deportiva Leiras Pulpeiro, que ademais dese carácter cultural e deportivo mais para abranguer actividades en relación cos Camiños de Santiago fóra do noso Concello (Mondoñedo). Ademais, cando refundamos a asociación fixémolo para traballar en dúas comarcas, A Mariña e A Terra Chá e temos directivos en ambas comarcas. Todo isto xorde en 2004, tivemos o nome de Leiras Pulpeiro por ser un persoeiro moi ligado con Mondoñedo, e pasamos a Abrindo Camiño porque fomos abrir camiño ao País Vasco, cando non había nada marcado alí e por iso tomamos o nome actual.

-E as Xornadas Abrindo Camiño con que propósito naceron?

As Xornadas Abrindo Camiño nacen hai quince anos con motivo dunha viaxe a Italia, ao Vaticano, onde se celebraban unhas xornadas sobre peregrinaxe. Decidimos axumir esas xornadas, mais nas nosas comarcas. Así foi como se celebraron durante quince anos en diferentes concellos da Mariña e da Terra Chá, en Lugo cidade, en Compostela e ían rematar este ano cunha viaxe a Terra Santa cun grupo de 55 persoas.

Temos o nome Abrindo Camiño porque fomos abrir camiño ao País Vasco, cando non había nada marcado alí e por iso tomamos o nome actual

-Cales son as experiencias que máis marcaron á Asociación e cales son aquelas das que máis aprendeu?

Son moitos anos e en concreto eu levo xa corenta anos en actividades asociativas. Moitas veces recórdanmas as redes sociais ou a hemeroteca. Son múltiples as actividades, con todo, para min son máis importantes as actividades que desenvolven. Actos dun día, coloquios, charlas, aspectos lúdicos, de música e mesmo fixemos feiras de artesanía, accións como a recuperación da área recreativa da Fervenza, onde levamos corenta anos incidindo nela. Este ano vaise inaugurar alí o centro de interpretación da central eléctrida máis antiga de Galicia, Electricista Mindoniense. Son importantes os proxectos no Concello de Mondoñedo como nas comarcas onde actúa a asociación.

Reivindicar a galega de máis sona en Cuba, Andrea López Chao, directora de Hijas de Galicia, directora do plantel galego de educación en La Habana

-Cales foron aqueles trazos da figura de Leiras Pulpeiro que inspiraron poñerlle o nome á Asociación durante a primeira etapa?

En 1984 fundamos a asociación para recuperar a súa memoria, mesmo como acto de desagravio polo que se lle fixera á figura de Leiras Pulpeiro durante a ditadura por ser republicano e masón. En 1983 a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas e para o outro ano, nós, con moitos atrancos, levamos adiante esta recuperación. Foi unha honra poder presidir esa asociación hai vinte anos e tamén recuperar a súa figura. En 2012 creamos o Grupo de Lectura Leiras Pulpeiro e que non só atrae xente de Galicia senón a xente de toda España. Leiras Pulpeiro segue atraendo coa súa mensaxe universal, toda a súa filosofía está aí cargada e como médico dos pobres. A fin de semana do 25 e 26 de xuño trataremos o aspecto masónico de Leiras, e para iso traeremos xente experta nese tema. É unha figura que ten un papel importante no Rexurdimento mais sobre todo, ten unha faceta humana máis importante.

-Esa faceta social de Leiras Pulpeiro foi o que máis animou a recoller o seu nome para a asociación?

Por todo, pois era unha figura postergada, prohibida, da que case non se sabía nada, estamos falando de hai corenta anos. Así foi como un grupo de xente nova decidimos recoller esta tarefa, xa digo, con moitos atrancos polo simbolismo que tiña. E apesar de refundar a asociación sempre levaremos a bandeira de Leiras e por iso fundamos ese grupo literario.

En 1984 fundamos a asociación para recuperar a súa memoria, mesmo como acto de desagravio polo que se lle fixera á figura de Leiras Pulpeiro durante a ditadura por ser republicano e masón

-Cales son os grandes eixos das Xornadas Abrindo Camiño?

Xa van quince anos coas xornadas e co esforzo que implica burocraticamente. Este ano dividímolas en dúas fases. Unhas xornadas sobre divulgación dos Camiños de Santiago celebradas os meses de marzo, abril e maio cos centros de ensino, con rutas e diferentes con eles. Agora, no mes de xuño, unha dedicada á cultura e patrimonio que celebramos a semana pasada e outra que terá como centro a emigración, sobre todo en América. E tamén unha xornada de estudos e contactos con asociacións americanas tanto de centros galegos como de amigos do Camiño de Santiago. Todo isto pensando nunha futura viaxe a América o ano que vén para contactar con eles. O domingo rematarán na área recreativa da Fervenza.

-Falaba de esforzo burocrático para organizar as xornadas. De todas maneiras, hai algunha idea de poder continuar con formatos que non impliquen tanto ás administracións?

Temos varias cousas pendentes, unha delas vaise tratar este sábado 25 de xuño, e coa que estou comprometido a nivel persoal con xornalistas, locutoras e directoras cubanas. Reivindicar a galega de máis sona en Cuba, Andrea López Chao, directora de Hijas de Galicia, directora do plantel galego de educación en La Habana, e estamos intentando levar adiante un documental sobre a súa vida, a dunha muller que desapareceu practicamente da memoria. O labor que fixo en Cuba foi excepcional. O ano que vén é o centenario dese I Congreso Internacional da Muller celebrado en Cuba e que ela dirixiu, para 2023 será o centenario do Hospital Hijas de Galicia e queremos seguir adiante con estes proxectos. Hai máis actividades en mente como a recuperación da fonte medicinal de augas sulfurosas colaborando co Concello. Seguimos cos encontros de participación cidadá co Concello de Mondoñedo e hai moitas cousas para facer.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...