InicioCentralMondoñedoApoio desde o Concello ao proxecto Horta de Mondoñedo co reparto de...

Apoio desde o Concello ao proxecto Horta de Mondoñedo co reparto de bolsas promocionais ás persoas asociadas

O proxecto Horta de Mondoñedo comezou en 2018, coa presentación na consellería do Medio Rural do texto para regular o seu uso, sendo informado favorablemente en febreiro dese mesmo ano.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello avanza no apoio e posicionamento da marca Horta de Mondoñedo, entregando aos produtores asociados bolsas promocionais para que estes as poidan repartir aos clientes e seren así “axentes difusores” deste distintivo, tal e como indican dende o goberno local.

Esta iniciativa dá, por tanto, continuidade ao compromiso asumido polos dirixentes municipais de impulsar esta marca de calidade e dos produtos acollidos a ela, de tal xeito que o seu desenvolvemento contribúa á consolidación de emprego vencellado ao sector primario.

O proxecto Horta de Mondoñedo comezou en 2018, coa presentación na consellería do Medio Rural do texto para regular o seu uso, sendo informado favorablemente en febreiro dese mesmo ano. Este traballo tivo continuidade no tempo con distintas actuacións como a posta no mercado dun produto que conserva o valor engadido do tomate que se cultiva nesta zona, e que permite que se deguste fóra de tempada. Incluíu, ademais, a creación da asociación de produtores de conservas de hortalizas de Mondoñedo ou o impulso da Faba Verdina.

“Agora damos un paso máis porque apostar pola nosa horta é apostar pola importante calidade no noso produto”, destacan. E é que a posta en marcha deste proxecto permitiu que se incorporase persoas a este sector que, xunto co turismo, “está chamado a ser un dos revulsivos dun municipio con tanta historia como futuro”, afirman dende a entidade local.

“Estes produtores apostan pola diversificación para dar maior valor aos seus produtos de calidade, e dende o Concello seguimos apoiándoos. O mercado é cada vez máis esixente pero en Mondoñedo estamos á altura”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...