InicioCentralMondoñedoO grupo Treixadura actuará na X Xuntanza de Cantos de Taberna que...

O grupo Treixadura actuará na X Xuntanza de Cantos de Taberna que se celebrará en Mondoñedo

O acto está organizado pola asociación Gaita Escola de Mondoñedo.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado 10 de setembro a “X Xuntanza de Cantos de Taberna”. O encontro terá lugar ás 20:00h e nel participarán doce grupos de diferentes puntos de Galicia que cantarán e tocarán polos diferentes bares e tabernas da vila.

Para este décimo aniversario de Cantos de Taberna, o grupo Treixadura estará en concerto ás 22:30h na Praza da Catedral para presentar o seu novo traballo, “Camiño Longo”. Como curiosidade, Treixadura celebra tamén o seu 30 aniversario. Con este novo disco Treixadura busca recuperar as melodias dos inicios do grupo.

Por outra parte, haberá unha foliada aberta na Praza do Concello a partir das doce da noite “onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional”. A Asociacion Gaita Escola agradeceu á hostelería mindoniense a súa participación así como ao Concello de Mondoñedo e a Asociación O Pasatempo “para que todos os actos se poidan facer posibles”.

Estas actuacións enmárcanse nas festas patronais mindonienses na honra da Virxe dos Remedios para os días 10, 11 e 12 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...