InicioCentralMondoñedoMondoñedo aproba adaptar a Área de Rehabilitación Integral a unha Contorna Residencial...

Mondoñedo aproba adaptar a Área de Rehabilitación Integral a unha Contorna Residencial para optar ás axudas Next Generation

O goberno local considera “imprescindible” que o Concello participe nos programas de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio “para poder mellorar o confort dos usuarios e usuarias á vez que se dá unha mellora na conservación do inmoble".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo aprobou por unanimidade no pleno municipal deste luns adaptar a Área de Rehabilitación Integral (ARI) a unha Contorna Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) “para que o Concello poda participar nos programas de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio que contempla o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”.

Este foi un dos puntos de acordo adoptados polo pleno da corporación a proposta da alcaldía. Co apoio de tódolos grupos, a corporación tamén acordou solicitar a participación do Concello de Mondoñedo neste programa de axudas que permite o financiamento de obras de rehabilitación de edificios e vivendas dentro de Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada, sempre que se obteña unha redución de polo menos un 30% do consumo de enerxía primaria non renovable nos edificios. Deste xeito, cumpriríase co obxectivo de adaptar o parque de edificios e vivendas en España aos retos nacionais e europeos en materia de sustentabilidade “mitigando a demanda de calefacción e refrixeración nos fogares”.

Tralo acordo, o Concello adopta o compromiso de actuar como entidade xestora das actuacións, despois da firma do correspondente acordo específico e de tramitar os procedementos conforme aos requisitos previstos no Plan; o alcalde terá a facultade para a xestión dos trámites; e o Concello dará traslado á Dirección Xeral do IGVS.

O goberno local considera “imprescindible” que o Concello participe nos programas de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio “para poder mellorar o confort dos usuarios e usuarias á vez que se dá unha mellora na conservación do inmoble, acondicionando interior e exterior do edificio e conseguindo unha mellora substancial do illamento térmico e unha redución do consumo anual de enerxía non renovable”.

Así, tendo en conta que “non se contempla que se poidan seguir realizando accións nos mesmos termos que viñamos facendo ata a data, é necesario adaptar a ARI ao novo modelo de ERRP recollido no Real Decreto 853/2021”.

ÁREA REXURBE

A Área de rexeneración urbana de interese autonómico (REXURBE) non será necesario adaptala debido a que foi declarada no ano 2022, despois do acordo de comisión bilateral ao que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...