Mondoñedo entrega os premios Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome


O XI premio de poesía Mauel Leiras Pulpeiro recaeu este ano en Xurxo Alonso García, residente en Vilagarcía de Arousa. O premio está convocado polo Concello de Mondoñedo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado pola gañador, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten como lema “O Outro Lado”.

O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada Na ferradura interna do lóstrego da que é autor Tito Pérez Pérez .

María Soledad García Riveiro  acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo Aposiopese.

A entrega do premio terá lugar o xoves, 8 de decembro segundo o seguinte programa:

12.30 horas; Recepción oficial no Cemiterio Vello e Ofrenda Floral ante a tumba do poeta.

13.00 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

PREMIO DÍAZ JÁCOME

“A herba que crece sobre nós” obra gañadora no XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores Alba Doval Rodríguez, foi a gañadora do XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo. O traballo presentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten por título A Herba que crece sobre nós.

O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra Cando brotan no campo rebelións, da que é autor Ciro Fernández Briones (A Pobra do Caramiñal, 1996).

Clara Vidal López acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra Os Caracois Alpinistas.

A entrega do Premio terá lugar o sábado, día 10 de decembro segundo o seguinte programa:

Ás 12.15 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.

Ás 12.30 horas; Entrega de Premios do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome no Salón de Plenos do Concello.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here