InicioCentralMondoñedoMondoñedo aproba os orzamentos para 2023 por case catro millóns de euros

Mondoñedo aproba os orzamentos para 2023 por case catro millóns de euros

Desde o equipo de goberno tamén se indica que “realízase unha aposta pola consolidación de servizos dos anos anteriores e abertos á demanda de novas necesidades sociais“.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo aprobou o orzamento para o ano 2023, que ascende a 3.891.983,87 euros. As contas do Concello para o próximo exercicio caracterízanse pola contención do gasto, o mantemento dos servizos públicos básicos e, de maneira especial, polo seu carácter social. O capítulo VI, de investimentos reais, sitúase en 116.236,45 euros, actuando así cun principio de prudencia ,que se reflicte neste capítulo .

O goberno municipal, presidido polo popular Manuel Ángel Otero, destaca que o orzamento reflicte o compromiso do Concello, nestes momentos difíciles, cos maiores, os dependentes e, en xeral, cos que máis precisan dos servizos sociais. Neste apartado non hai redución do gasto, senón incremento.

Dende o equipo de goberno tamén se indica que “realízase unha aposta pola consolidación de servizos dos anos anteriores e abertos á demanda de novas necesidades sociais“.

En canto a investimentos, o orzamento, no capítulo VI, recolle fondos para aqueles que son financiados con recursos propios. O goberno local opta por proceder, chegado o caso, a modificacións orzamentarias para efectuar as aportacións propias necesarias, para levar a cabo as obras resultantes doutras administración (plans Urbe, Rexurbe,e Único)

No orzamento consígnanse as partidas necesarias para facer fronte ao mantemento dos servizos públicos básicos, como son a recollida e tratamento de residuos, a iluminación pública, e, entre outros, o mantemento das zonas axardinadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...