InicioCentralMondoñedoO BNG de Mondoñedo valora como inacabada a concentración parcelaria na área...

O BNG de Mondoñedo valora como inacabada a concentración parcelaria na área norte do concello

O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, alégrase que os veciños e veciñas das parroquias afectadas "poidan recoller os seus títulos de propiedade xa que o atraso de máis de trinta anos estaba causando dificultades nos procedementos de transmisión de terreos".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo sinala nun comunicado que a Xunta de Galicia anunciou a semana pasada diversas obras complementarias na concentración parcelaria a cargo dun Plan de Infraestruturas Rurais (PIR). Para o BNG local estas actuacións son un avance insuficiente xa que se van entregar títulos de propiedade de varios terreos sen acondicionar, “parcelas sen entrada ou con camiños ou estradas vellas asfaltadas integradas dentro das novas fincas de substitución”.

O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, alégrase que os veciños e veciñas das parroquias afectadas “poidan recoller os seus títulos de propiedade xa que o atraso de máis de trinta anos estaba causando dificultades nos procedementos de transmisión de terreos” ou a tramitación de herdanzas ante un notario.

Por outra parte, os nacionalistas preguntan por que só se van realizar cinco actuacións a cargo do PIR sabendo que hai máis propietarios de parcelas afectados con iguais necesidades que as actuacións propostas. “A consellería do Medio Rural e o goberno municipal deben explicar o criterio polo cal se escolleron estas fincas para os traballos de acondicionamento e por que afectan só ás parroquias de Couboeira e Masma deixando á parroquia de Vilamor sen ningunha obra de mellora das aínda pendentes”.

Eloi Cabanas apunta que desde o BNG levan varios anos desde o concello e o Parlamento Galego instando á Xunta de Galicia finalizar nas debidas condicións esta concentración parcelaria. En concreto, acusa á Xunta de “desleixo” por alongar este proceso máis de trinta anos e ao goberno municipal de “parsimonia” por permitir que haxa casos en que este proceso se cerre en precario.

O conselleiro do Medio Rural ademais de presidir a entrega de títulos de propiedade debería comprometerse firmemente en rematar todos os traballos pendentes para tratar a todos os propietarios de primeira”, así que anuncia que desde o BNG seguirán traballando ata que todas as deficiencias pendentes se solucionen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...