InicioCentralO ValadouroOs PSOE do Valadouro recibe a José Tomé durante o Mercado da...

Os PSOE do Valadouro recibe a José Tomé durante o Mercado da Primavera

Publicada o

- Advertisement -

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, acompañado polo Alcalde e candidato socialista ás eleccións municipais, Edmundo Maseda, xunto ao senador César Mogo entre outros cargos orgánicos e institucionais do partido no concello e na comarca mariñá, participou este sábado no Mercado Tradicional de Primavera, unha cita que congregou a centos de persoas na súa 17ª edición.

José Tomé felicitou ao rexedor polo “novo éxito de convocatoria” desta feira que organiza o Concello, froito do “bo traballo” do goberno municipal con Edmundo Maseda á fronte e da implicación dos colectivos e dos veciños e veciñas do municipio. Unha iniciativa “que repercute na actividade económica da hostalería e do comercio durante estes días, que contribúe de maneira moi importante á promoción do concello, o que se traduce no impulso do turismo”, e que é “un exemplo do labor constante” que desenvolve o Alcalde e o seu equipo para dinamizar social e economicamente o concello.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...