InicioCentralO ValadouroO Centro Socio-Cultural do Valadouro acolle a obra teatral "Menciñeiro á Forza"

O Centro Socio-Cultural do Valadouro acolle a obra teatral “Menciñeiro á Forza”

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que o vindeiro sábado, 29 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da terceira Idade “Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro: “Menciñeiro á Forza” a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa.

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière “O enfermo imaxinario”.

SINOPSE

Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla. A entrada é de balde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...