InicioPolíticaRueda no Valadouro apoia as palabras de Feijóo cando sinala a BNG...

Rueda no Valadouro apoia as palabras de Feijóo cando sinala a BNG e PSOE como socios de Bildu

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, defendeu as intervencións realizadas o venres polo líder nacional do seu partido, Alberto Núñez Feijóo, para asegurar que o PSOE e o BNG son “socios” de EH Bildu.

“É unha verdade que todo o mundo sabe”, recalcou Rueda este sábado, en declaracións aos medios realizadas este sábado desde O Valadouro, onde estivo en compañía do candidato do PP á Alcaldía, Manuel Lamela.

O tamén presidente da Xunta dixo non saber “por que se enfadan” os socialistas e os nacionalistas cando Feijóo visitou o venres varias localidades galegas para dicir a “verdade”: que “hai partidos que son socios de Bildu”.

“Enfádanse moito. O Partido Socialista é socio de Bildu a nivel nacional e o Bloque é socio de Bildu tamén en Galicia cando hai outras eleccións (as europeas) e están aquí de paso nos seus actos”, recalcou Alfonso Rueda.

SENSACIÓNS “MOI BOAS” PARA O 28M

Ademais, o líder do PPdeG asegurou que “as sensacións” que teñen no seu partido neste segundo fin de semana de campaña para as eleccións municipais “son moi boas”. Iso si, advertiu que “non hai nada gañado”, consciente de que, aínda que os populares gañen os comicios, hai “outras forzas políticas” que logo pactan para evitar que gobernen.

Neste contexto, Rueda acusou a outras formacións de “tentar introducir” unha “crispación”. “De nada vale estar a discutir todos os días, de nada valen os disimulos que hai agora entre forzas políticas que despois van tentar aliarse”, recalcou.

Por iso, os populares buscan trasladar o modelo da Xunta –que gobernan con maioría absoluta no Parlamento– aos concellos: “A estabilidade, a certeza, os gobernos do ‘sentidiño'”.

Pola súa banda, o candidato no Valadouro, Manuel Lamela, agradeceu a presenza de Rueda no municipio, posto que, aínda que xa o coñecía, era a primeira vez que o visitaba desde que en maio de 2022 tomou posesión como titular da Xunta. “Esperemos que non sexa a última vez, é unha honra”, dixo Lamela.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...