InicioCentralO ValadouroProxección do documental "Segadores da Órrea en terras de Castela" no Valadouro

Proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela” no Valadouro

A proxección está organizada por Mariña Patrimonio e o Concello do Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de O Valadouro, organiza para o domingo 13 de agosto a proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes” promovido pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea (Riotorto) e dirixido pola xornalista Vanesa Gómez xunto coa deseñadora e fotógrafa Laura Alonso.

O documental recolle o testemuño de trinta e un veciños da parroquia da Órrea, que se desprazaban nos meses do verán a Castela para realizar os traballos da sega; unha migración de tempada que moitos miles de galegos protagonizaron ao longo de trescentos anos e que perdurou ata os anos 60 do pasado século XX.

Esta película documental posúe un gran valor antropolóxico, sociocultural e histórico, recoñecido nas diferentes proxeccións realizadas en Galicia e Asturias. Ten unha duración de 50 minutos e será precedida por unha breve explicación a cargo de membros da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba.

A praza de Santa María, de Ferreira do Valadouro, acollerá esta proxección que terá lugar ao aire libre a partir das 22:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...