InicioCentralO ValadouroO Valadouro celebrará a súa XXXIII Mostra Folclórica

O Valadouro celebrará a súa XXXIII Mostra Folclórica

Durante o acto, efectuarán o sorteo dun saboroso xamón curado e un pack de pequenos electrodomésticos que consta dun espremedor e dunha torradora. 

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, a XXXIII Mostra Folclórica como xa vén sendo habitual a fin de semana antes das Festas do Oito.

A cita será o sábado día dous de setembro ás 20:00h na Praza de Santa María do Valadouro.  Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada. 

Durante o acto, efectuarán o sorteo dun saboroso xamón curado e un pack de pequenos electrodomésticos que consta dun espremedor e dunha torradora. 

As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. Se as condicións meteorolóxicas foren adversas ese día, o evento trasladarase á Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...