InicioCentralO ValadouroPresentación do novo libro de Lionel Rexes no Valadouro

Presentación do novo libro de Lionel Rexes no Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

 O vindeiro venres 22 de setembro, a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro ten a honra de presentar a última novela do escritor do val, Lionel Rexes; “A Montaña do Poeta” é o título da última obra deste creador que foi galardoada ademais co premio Lueiro Rey na edición do 2021, convocado polo Concello de O Grove. Este evento terá lugar no local social Concepción Arenal de Ferreira do Valadouro (antigo matadoiro) ás 20:00 horas.

Sinopse:

É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida. No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...