O Concello do Valadouro aprobou por unanimidade no seu pleno ordinario deste venres a moción rexistrada dous días antes pola Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña para reclamar un servizo de pediatría de calidade na zona.
A petición do tenente de alcalde, coa conformidade da totalidade dos membros da Corporación, a moción foi defendida pola coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro, quen agradeceu aos grupos “a deferencia” de poder intervir de forma directa.
Ao finalizar o pleno municipal, o grupo de goberno adquiriu tamén camisetas solidarias da Plataforma, explicaron desde a asociación.