IniciosociedadeA mariñá Marta Geada pesca o 'campanu' do Eo

A mariñá Marta Geada pesca o ‘campanu’ do Eo

Natural do Valadouro e veciña de Barreiros, é a segunda muller que o consegue

Publicada o

- Advertisement -

A segunda muller en pescar o ‘campanu‘ do Eo foi unha mariñá. Marta Geada, natural do Valadouro e veciña de Barreiros, quitou o pasado xoves o primeiro salmón da tempada nos treitos asturianos do río.

Pescado á culler con cebo natural, capturado ás 10.20 do pasado xoves no coto do Louredal, o exemplar sacado á terra por Geada pesou 6,960 quilogramos na báscula e deu unha lonxitude de 89 centímetros de longo.

A pescadora mariñá, de 44 anos, é a segunda muller que quita o campanu do Eo, segundo a páxina especializada Ás Orillas do Ulla. O primeiro pescado por unha muller foi o do 2007, capturado pola santiaguesa María José Corral no tramo de Piago.

Campanu do Eo. AXM

EN GALICIA, O 1 DE MAIO

A tempada do salmón na parte do Eo xestionada polo Principado de Asturias comezou o pasado domingo. O campanu dos ríos asturianos capturouse ese mesmo día no Cares, alcanzando un prezo de 10.000 euros.

Nos treitos galegos haberá que agardar ata o primeiro de maio, coma nos últimos anos, para botar os primeiros lances.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...