A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) da Plataforma na Defensa da Sanidade na Mariña colocarase o vindeiro martes no centro de saúde do Valadouro, en horario de 11.00 a 13.00 horas.
Quenes se acheguen á mesa informativa terán información en relación coa asistencia sanitaria, derivacións cara outros centros públicos e privados, tempos de agarda para consultas, así como de probas diagnósticas ou intervencións.
A plataforma fai un chamamento aos “veciños do Valadouro e Alfoz que recolleron sinaturas para demandar un servizo de pediatría na zona” a que utilicen a unidade móbil “para poñer a súa reclamación por escrito”.