InicioCentralO ValadouroO Valadouro tamén se apunta este verán ás actividades culturais na rúa

O Valadouro tamén se apunta este verán ás actividades culturais na rúa

O concello de Valadouro presentou o progrma de "Cultura na rúa 2021"

Publicada o

- Advertisement -

Música, baile, maxia, monicreques, cine ao aire libre e contacontos encherán as rúas do Valadouro nos meses de xuño e xullo. O concello de Valadouro presentou o programa socio.cultura Cultura na rúa 2021, co que pretenden dinamizar a vida social e cultural dos veciños e visitantes a través de actividades ao aire libre.

Os actos arrancan o sábado 17 de xullo a partir das 20.30h cun concerto de música tradicional a cargo da asociación de acordeonistas da Mariña. O sábado 24 de xullo será a quenda do grupo Píscore, que ofrecerá CON-FUSIÓN, unha obra teatral-musical clown. A compañía, que naceu no 2016, “vén coa premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica”, apuntan dende a organización.

A seguinte cita será o 25 de xullo. Para celebrar o día de Galicia, os monicreques Fantiches Baj presentrán a súa obra “Os novos lobos”, un espectáculo para toda a familia. Ese mesmo día, a praza de Santa María acollerá ás 22.30 a estrea ao aire libre do filme Cuñados, para a que se precisa previa inscrición na Casa da Cultura. A última actividade do mes de xullo será o día 31, cando o ilucionista lucense David Méndez achegue a maxia a un público familiar co seu espectáculo “Maxia de aquí e de Acolá”.

Os sábados do mes de agosto tamén contarán con teatro, música, baile e cine, actividades que completarán o programa Cultura na rúa 2021. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Valadouro animan a desfrutar da programación, que contará con todas as medidas que marca o protocolo Covid. Por este motivo, tamén se recomenda a inscrición previa en cada actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...