A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño da localidade lucense de Ferreira do Valadouro como presunto autor dun delito de malos tratos animais en relación co abandono de varios cachorros de can recentemente nados. Segundo informou o Instituto Armado, tivo coñecemento do parto dunha femia mestiza de pastor alemán, a cal alumou nove cachorros, deles oito vivos e un morto.
En días posteriores o propietario do animal desfíxose de seis cachorros e quedaron soamente tres, indicou a Benemérita. Os animais atopábanse nunha segunda vivenda propiedade do investigado situada na localidade de Foz. No transcurso da investigación outro dos cachorros restantes morreu, destacaron as mesmas fontes.
Na investigación colaborou persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia “para garantir o benestar e a sustentabilidade dos demais cachorros, da nai destes e doutro exemplar de pastor belga que había na leira”, indicou a Garda Civil, os cales foron cedidos voluntariamente polo seu propietario aos servizos da Administración autonómica. Os cachorros foron entregados na Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.